14 de Maio, Concerto de Cores do Atlántico para todo mundo | ||||
|
SAN SIMÓN CONVERTERASE NO REFERENTE DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO-PORTUGUÉS
Margareth Menezes xa está na Ria de Vigo para participar no concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón. A "Maga" está por primeira vez en Galicia para acompañar aos artistas que van presentar o disco Cores do Atlántico na illa de San Simón. Margareth Menezes participou na XV edición de Ponte...nas ondas! compondo o tema Portugaliza, tema que será interpretado mañá no concerto.
Cores do Atlántico poderá ser seguido en directo a través da Web: www.coresdoatlantico.eu a través dunha complexa realización técnica a cargo do equipo de Casa de Tolos de Gondomar.
Unha representación do mundo da cultura e das institucións de Galicia e do Norte de Portugal, convidados polo proxecto Creativa da AGADIC e a Fundación Illa de San Simón, asistirán en directo ao concerto da illa de San Simón.
Un barco, que contará cunha posta en escea do proxecto Cores do Atlántico a cargo dunha compañía de teatro, levará ás 150 persoas desde o peirao de Vigo ata a Illa de San Simón.
Na ermida da illa de San Simón estarán expostas as obras do artista lucense Quique Bordell que están incorporadas ao libro-disco.
+ info: www.coresdoatlantico.eu |