Martes, 05 Novembro 2024
Nos medios
Socorro Lira alenta unha relectura das cantigas en 'Cores do Atlántico'
Escrito por El Correo Gallego    Luns, 10 Maio 2010 10:25    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios
Un libro-CD colectivo da cantante brasileira vaise converter en concerto o 14 de maio en San Simón.

Santiago Sediame eu na ermida de San Simón, e cercaronmi as ondas, que grandes son. Ninguén discute o carácter fundacional das Cantigas de Amigo. Orixe da literatura galego-portuguesa e, como lembraba Álvaro Cunqueiro, soar dunha cidade. "Cando Vigo teña tempo -unha solleira tarde de Outono- para mirar cara a atrás, encontrarase con que o primeiro capítulo da súa historia, na súa primeira liña, di así: Vigo foi fundada á beira dun verso de Martín Codax", deixou dito o escritor en 1955.

Agora, eses versos musicados pola cantante, compositora e poeta brasileira Socorro Lira soérguense nun traballo colectivo, editado en forma de libro-disco baixo o nome Cores do Atlántico, que onte foi presentado en Santiago e que o 14 de maio regresa ao seu topos lírico, a illa de San Simón, grazas a un concerto no que, canda a autora de Paraiba, participarán as voces de Margareth Menezes, a raíña do afropop brasileiro, o portugués João Afonso, a gaita de Teresa Paiva, e a guineana Eneida Marta.

"Eu quería un disco contemporáneo", afirma Lira, quen, mesmo nos ritmos, acha similitudes abraiantes entre a cultura nordestina brasileira e a galega, alén da lingua. "O suxeito humano é moi similar e a vontade de afirmación da identidade como pobo", di a artista, que da man de Uxía e de Camiño Noia, bateu cunha terra, a galega, que lle era máis afín do que nunca chegara a pensar

 
Martín Códax con suave acento brasileiro
Escrito por C.F. / La Voz de Galicia    Luns, 10 Maio 2010 10:07    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios

A   brasileira Socorro Lira versiona cantigas de amigoLibro, disco e concerto. Tres iniciativas para un argumento que ten como núcleo as cantigas de amigo reinterpretadas dende o presente, dende a perspectiva femenina e dende o nordés brasileiro. Cores do Atlántico é unha iniciativa con varias frontes e varios socios para que a lírica galaico-portuguesa adquira outra volta actualidade.

Ler máis...
 
El programa Creativa da Agadic produce na Illa de San Simón el concierto multimedia 'Cores do Atlántico'
Escrito por Grupo.Es    Sábado, 08 Maio 2010 17:42    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios

Socorro LiraEl programa CREATIVA, que promueven conjuntamente la Agencia Gallega de las Industrias Culturales (Agadic) de la Consellería de Cultura y Turismo y la Región Norte de Portugal, llevará a cabo el próximo 14 de mayo en la isla de San Simón el concierto Cores del Atlántico, un evento eminentemente musical y multimedia en el que actuarán los artistas Socorro Lira, Margareth Menezes, João Afonso, Teresa Paiva, Eneida Marta y Uxía. Con la reivindicación de las cantigas de amigo como parte esencial del patrimonio gallego-portugués, el recital, que podrán seguir en directo un máximo de 150 personas, será transmitido para todo el mundo en tiempo real por internet, a través de la web www.coresdoatlantico.eu.

Ler máis...
 
«Cores do Atlántico», un ciberconcierto desde Galicia para o mundo
Escrito por La Voz de Galicia    Sábado, 08 Maio 2010 17:29    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios

Uxia - J.M.CasalUxía, Socorro Lira, Teresa Paiva e Joao Alfonso , son algúns dos intérpretes que protagonizasen o recital que se transmitirá vía Internet.

O programa cultural Creativa, promovido conxuntamente pola Axencia Galega dás Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Rexión Norte de Portugal, realizará o próximo 14 de maio en Illa de San Simón o concerto multimedia Cores do Atlántico.

Ler máis...
 
As voces das mulleres libres atravesan os séculos
Escrito por El PAIS    Venres, 07 Maio 2010 10:42    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios
Socorro Lira, acompañada do cantante portugués João Afonso.- Había tempo que á compositora e cantante brasileira Socorro Lira (Paraíba, 1974) a atraía a idea de investigar algún aspecto da música portuguesa, levada pola admiración por Amália Rodrigues e polo desexo de afondar na riqueza musical lusa. Unha amiga, neta dunha galega, foi quen lle suxeriu fixarse nas cantigas de amigo galego-portuguesas e de ter en conta a interpretación dunha profesora holandesa, Ria Lemaire, quen sostiña a autoría feminina daquelas composicións medievais fronte á corrente academicista que defendeu a intervención dun poeta culto e masculino sobre os cantos populares das mulleres.
Ler máis...
 


Páxina 3 de 5

Co financiamento de:
logos_pie_cores