14 de Maio, Concerto de Cores do Atlántico para todo mundo

Socorro Lira - Foto Gal Meirelles

SAN SIMÓN CONVERTERASE NO REFERENTE DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO-PORTUGUÉS

Margareth Menezes xa está na Ria de Vigo para participar no concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón. A “Maga” está por primeira vez en Galicia para acompañar aos artistas que van presentar o disco Cores do Atlántico na illa de San Simón. Margareth Menezes participou na XV edición de Ponte…nas ondas! compondo o tema Portugaliza, tema que será interpretado mañá no concerto.Cores do Atlántico poderá ser seguido en directo a través da Web:  www.coresdoatlantico.eu a través dunha complexa realización técnica a cargo do equipo de Casa de Tolos de Gondomar.

Unha representación do mundo da cultura e das institucións de Galicia e do Norte de Portugal, convidados polo proxecto Creativa da AGADIC e a Fundación Illa de San Simón,  asistirán en directo ao concerto da illa de San Simón.

Un barco, que contará cunha posta en escea do proxecto Cores do Atlántico a cargo dunha compañía de teatro,  levará ás 150 persoas desde o peirao de Vigo ata a Illa de San Simón.

Na ermida da  illa de San Simón estarán expostas as obras do artista lucense Quique Bordell que están incorporadas ao libro-disco.

+ info: www.coresdoatlantico.eu