Oferta especial centro educativos. Libro-disco “Cores do Atlántico”. Unha revisión das cantigas de amigo da lírica medieval.

Dirixida especialmente aos centros educativos  ( Departamentos de Lingua e Literatura Galega, Biblioteca e Equipos de Normalización Lingüística ).

Promovido pola Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! , PAI Música, edita este traballo sobre as cantigas de amigo galego-portuguesas da nosa tradición oral. Un material para abordar nunha nova perspectiva as nosas cantigas que o fai moi  apropiado para as novas xeracións.Na parte musical ofrécese un percorrido plural polos ritmos do Brasil, Guiné Bissau, Portugal e Galiza da man de destacados artistas como Socorro Lira, Margareth Menezes, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva, Uxía ou Leilía. Na parte de investigación, a profesora Ria Lemaire presenta unha revisión sobre a orixe das cantigas de amigo vencellándoas aos cantos tradicionais das mulleres deste territorio. O artista lucense Quique Bordell interpreta na súa obra plástica cada unha das 15 cantigas seleccionadas para o disco.libro.

En palabras de José Miguel López do programa Discópolis da Radio Nacional de España, Radio3:

“Un trabajo interesante sobre las cantigas de amigo galaico-portuguesas, revisado desde el otro lado del Atlántico con una edición crítica de Ria Lemaire… Un trabajo bien hecho que merece la pena. Una edición de lujo, algo nada convencional.”  Escoitar programa


O libro-disco de 180 páxinas, contén:

* A reprodución das 15 láminas de Quique Bordell a toda cor.
* O traballo de investigación de Ria Lemaire
* Os currículos dos artistas participantes no disco
* O CD de Cores do Atlântico
* As letras e referencias das cantigas co texto orixinal e a adaptación

Ver o vídeo reportaxe sobre Cores do Atlántico

+ info: www.coresdoatlantico.eu