Cirandeiras de Caiana dos Crioulos

Cirandeiras de Caiana dos Crioulos

Caiana dos Crioulos é unha comunidade con reminiscencias dos antigos quilombos ( cabana onde se refuxiaban os negros fuxitivos )  que fica nunha serra do municipio de Alagoa Grande ( Paraíba ), Brasil. Alí, alén de traballar, rezar, estudar, amar e batallar, de cando en cando, tamén se brinca e se divirte co “Coco-de-roda” e a “Ciranda” que alían canto, danza e alegría.

En canto á súa orixe africana, a hipótese máis probábel é  que a poboación de Caiana sexa de descendencia Banto.

A comunidade de Caiana dos Crioulos é recoñecida como “quilombola” polo Goberno brasileiro ( comunidades descendentes dos quilombos ), mais aínda espera pola devolución de súas terras, conforme prevé a constitución brasileira.
Hai case 10 anos que se arrastra, en Brasilia, o proceso de delimitación e posesión do territorio que, por dereito, pertence ás, aproximadamente, 100 familias que moran alí.

En Caiana hai un grupo que canta, toca e danza “Ciranda” e “Coco-de-roda” para animar o pobo todos os días festivos, para recibir visitantes e amigos.

O grupo inspira e participa, como convidado, de varios traballos de artistas de todo o Brasil: CD Cantigas de Ben-Querer (2003) de Socorro Lira, do CD / DVD do grupo A Barca (São Paulo), do álbum Responde á Roda, das Universidades Federal Pernambuco e da Paraíba, do CD Proxecto Quadrante – A Pedra do Reino da Rede Globo/Son Libre, entre outros.

Os instrumentos que acompañan o “Coco-de-roda” e a “Ciranda”, en Caiana, son: o bombo, o triángulo e o “ganzá”, xeralmente tocado por mozos da comunidade, fillos das cantadeiras-danzadeiras.

O grupo de Caiana dos Criuolos actúa en diversos lugares, na Paraíba e noutras rexións do Brasil, en eventos de carácter artístico-cultural, político e educativo.

www.myspace.com/caianadoscrioulos