Mércores, 01 Decembro 2021
Socorro Lira alenta unha relectura das cantigas en 'Cores do Atlántico'
Escrito por El Correo Gallego    Luns, 10 Maio 2010 10:25    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios
Un libro-CD colectivo da cantante brasileira vaise converter en concerto o 14 de maio en San Simón.

Santiago Sediame eu na ermida de San Simón, e cercaronmi as ondas, que grandes son. Ninguén discute o carácter fundacional das Cantigas de Amigo. Orixe da literatura galego-portuguesa e, como lembraba Álvaro Cunqueiro, soar dunha cidade. "Cando Vigo teña tempo -unha solleira tarde de Outono- para mirar cara a atrás, encontrarase con que o primeiro capítulo da súa historia, na súa primeira liña, di así: Vigo foi fundada á beira dun verso de Martín Codax", deixou dito o escritor en 1955.

Agora, eses versos musicados pola cantante, compositora e poeta brasileira Socorro Lira soérguense nun traballo colectivo, editado en forma de libro-disco baixo o nome Cores do Atlántico, que onte foi presentado en Santiago e que o 14 de maio regresa ao seu topos lírico, a illa de San Simón, grazas a un concerto no que, canda a autora de Paraiba, participarán as voces de Margareth Menezes, a raíña do afropop brasileiro, o portugués João Afonso, a gaita de Teresa Paiva, e a guineana Eneida Marta.

"Eu quería un disco contemporáneo", afirma Lira, quen, mesmo nos ritmos, acha similitudes abraiantes entre a cultura nordestina brasileira e a galega, alén da lingua. "O suxeito humano é moi similar e a vontade de afirmación da identidade como pobo", di a artista, que da man de Uxía e de Camiño Noia, bateu cunha terra, a galega, que lle era máis afín do que nunca chegara a pensar

 

Co financiamento de:
logos_pie_cores