Xoves, 28 Marzo 2024
Presentación en Melgaço
Venres, 01 Maio 2009 05:20    PDF Imprimir Correo-e

Acutación en MelgaçoAgadic, a través do Proxecto Creativa para o impulso das industrias culturais, financia e coproduce o proxecto Cores do Atlántico, que foi presentado en Melgaço, Portugal, durante a derradeira sesión do Congreso Ponte...nas ondas!, no 15 aniversario desta institución. Ponte...nas Ondas! promove Cores do Atlántico como unha nova actividade a prol do intercambio cultural entre o sur de Galicia e norte de Portugal, desta volta a través da lírica medieval galaico - portuguesa.

Un espectáculo musical que contou coas actuacións de Uxía Senlle de Galicia, João Afonso de Portugal e Socorro Lira de Brasil. No concerto houbo un apartado especial dedicado a José Afonso, autor de Grándola, a canción do 25 de Abril e nel repartiranse caraveis por parte da Câmara Municipal de Melgaço.
O concerto de Melgaço é o premeiro das series de concertos de Cores do Atlántico que percorrerán vilas e cidades de Galicia e Portugal.
Podes consular os próximos concertos na nosa axenda.
 

Co financiamento de:
logos_pie_cores