Que é Cores do Atlántico | ||||
Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira. Ilustrado por Quique Bordell Una iniciativa da compositora brasileira Socorro Lira, o proxecto naceo no ano 2006 co inicio da súa pesquisa sobre as cantigas de amigo paralelísticas, para a edición de un CD con versións cantadas de parte deses textos conservados. Ampliado e no formato de libro-disco, foi publicado en 2010, en galego e portugués, por Ponte...nas Ondas! e PAI Música, en España e Portugual. Un traballo literarioA argumentación teórica sobre a orixe dunha tradición oral sustentada por mulleres é unha tese defendida pola especialista en literatura medieval en linguas románicas e doutora pola universidade de Utrech, Ria Lemaire. Un traballo musicalNo enfoque musical a cantautora brasileira Socorro Lira aborda unha lectura contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras; espazos que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Dende os ritmos brasileiros como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, interprétanse as cantigas de amigo dunha forma transgresora e ao mesmo tempo harmoniosa. Un traballo artísticoO artista lucense Quique Bordell fai a súa achega plástica con ilustracións que combinan o colage e a sobre-impresión nunha proposta vangardista sobre as letras das cantigas de amigo. |