Martes, 05 Novembro 2024
O disco
PDF Imprimir Correo-e

No traballo musical de Cores do Atlântico abórdase unha lectura contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras, espazos que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Dende os ritmos brasileiros como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, Cores do Atlántico integra as sonoridades de tres continentes unidos por un patrimonio común: a lírica das cantigas de amigo galego-portuguesas.

Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira reúne voces tradicionais como as das Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto a colaboracións de Margareth Menezes-a Maga e de Cida Moreira. Desde Africa, a guineana Eneida Marta achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de orixe da lírica medieval galego-portuguesa. Os arranjos são do músico brasileiro Jorge Ribbas.

 

Ilustración de Anderson Augusto

 

En palabras de Socorro Lira:

Este disco é unha sinxela ofrenda en memoria de todas as mulleres violentamente mortas, física e psicoloxicamente, desde o Martelo das Bruxas até os días actuais. E dedícoo especialmente ás que viven.

Dedícoo tamén ás persoas que loitan por respecto aos dereitos humanos das mulleres en cada canto da Terra e que nos encoraxan a contestar conceptos intocábeis, motivadas polo desexo de liberdade e de emancipación, pola forza das nosas voces liberadas e de nosos corpos recuperados. Unha desas compañeiras é Ivone Gebara.

Dedícoo, aínda, ás mulleres da miña vida, polo ben que me fan e polos bos exemplos que recibín. A dúas delas en especial: miña nai Benedita, que cantou para min, e miña avoa Corina, por terme alertado: “de amargo, xa basta a vida”, con esta aprendín a querer o doce.

E por fin, mais non por último, aos amigos e socios [homes] que nos axudan a realizar. Con eles fica máis bonito.

 

Co financiamento de:
logos_pie_cores