Xoves, 25 Abril 2024
Eneida Marta
PDF Imprimir Correo-e
Eneida MartaEneida Marta, nacida en Guinea-Bissau mais radicada en Portugal, é unha das máis vibrantes voces africanas dos días de hoxe.

Eneida mestura a súa notábel voz con ritmos como o Gumbé, Tina, Singa, Djanbadon, Afro-beat e cantando en Mandinga, Fula, Criolo, Futa-Fula e Portugués combina as raíces da súa orixe coa vibracidade dos arranxos de Juca Delgado, un dos máis importantes produtores de música africana en Portugal. Juca desde cedo apostou polo valor de Eneida e proporcionoulle colaboracións en traballos de conceituados artistas como Aliu Bari (pioneiro da música moderna guineana), Rui Mingas, Bonga, Manecas Costa, entre outros. Eneida tamén xa fixo duetos con nomes como Dulce Pontes, Uxia, Bonga, entre outros.

Co disco “Amari” converteuse nunha nova referencia musical e espertou o interese de editoras como “Putumayo” (acollida nos EUA), “Club Star” (alemá) e “JPS Production” (francesa). Tanto é así que Eneida participou nunha das compilacións dedicadas á música das ex-colonias portuguesas en África, An Afro-Portuguese Odyssey (Putumayo 2002), cun tema do seu primeiro CD, “Na Bu Mons”. Esta participación abriulle as portas para o recoñecemento internacional da súa espectacular voz, colocándoa nas máis altas posicións nos medios de comunicación social.
Eneida Marta estivo presente en moitos medios de comunicación social internacionais, inclusive no programa “Inside Africa” da canle de TV CNN Internacional.

En xaneiro de 2006 Eneida Marta presentou o seu terceiro disco, “Lôpe Kai”, editado pola Iris Music (Francia), a partir do cal se inicia a súa primeira grande tournée europea - Tour Lôpe Kai 2006-2007.

En xullo de 2005, Eneida queda en primeiro lugar na categoría de World Music, nun concurso que se realizou en Portugal, coa canción “Mindjer Dôlce Mel”. Con este tema vencedor, que tamén está incluído na compilación “Acoustic Africa”, da Putumayo World Music, gravou o seu terceiro videoclip.

En novembro de 2008, a organización da WOMEX 2008 (World Music Expo), un dos maiores eventos no mercado profesional de World Music do planeta, seleccionou a artista Eneida Marta para un showcase integrado na súa programación oficial.

Ese evento xuntou cerca de tres mil delegados, mil catrocentas empresas de máis de noventa países, integrando máis de cincuenta showcases con máis de catro centenares de artistas provenientes de máis de corenta países repartidos en 5 escenarios.

Eneida Marta e Juca Delgado explotan, ao desenvolver nas súas obras musicais, unha grande variedade de estilos, como o Gumbé, Tina, Singa, Djanbadon, así como o Jazz, naquilo que moitos consideran unha certa fábrica de ritmo e da boa música.

www.myspace.com/eneidamarta
 

Co financiamento de:
logos_pie_cores