Sábado, 27 Xullo 2024
Presentación de Cores do Atlántico
PDF Imprimir Correo-e

cores_pai

informacion

portada

video_hd

video_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

audios

audios

 

 

Cores do Atlántico

Un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, dende unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire e a interpretación Musical da cantautora brasileira Socorro Lira. Todo isto apoiado coas ilustracións de Quique Bordell.

O proxecto Cores do Atlántico trae á actualidade a poesía composta, musicada, cantada e bailada por mulleres que viviron antes e durante a Idade-Media, en Europa, devolvendo á lira desas creadoras, os seus significados máis lexítimos: erotismo, sensualidade, autonomia, iniciativa amorosa, reverencia á natureza máxica, referenciando o traballo que era a circunstancia na cal ese facer artístico se daba colectivamente, servindo o canto, ao ritmo dos traballos efectuados e da danza.

Trátase, por tanto, de aportar unha nova ollada ás cantigas de amigo e ofrecer un traballo musical actualizado que poida servir de transmisión ás novas xeracións deste patrimonio cultural.

O traballo consta de:

Un libro onde Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da universidade de Poitiers, fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou.

Un CD - 15 cantigas de amigo musicadas e interpretadas por artistas galegos, portugueses, africanos e brasileiros (Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva...entre outros) coordinados todos eles por Socorro Lira. A sonoridade baséase, inicialmente, nas melodias das sete cantigas de Martín Códax, conservadas no manuscrito medieval, pasando para varias vertentes da música brasileira de raíz e integrando sons africanos, galegos e portugueses.

O acto central do traballo terá lugar o próximo venres 14 de maio, coa espectacular presentación oficial do proxecto na illa de San Simón, cun concerto privado ofrecido por Socorro Lira, Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, e Teresa Paiva.

O libro-disco estará dispoñible en tódalas tendas a partires do próximo 10 de maio. Xa pode adquiri anticipadamente en exclusiva en www.paitunes.com

As fotografías de Socorro Lira son do fotografo brasileiro Val Portásio

 

Quizais che interese

Co financiamento de:
logos_pie_cores