Mércores, 01 Decembro 2021
'Cores do Atlántico' arrinca unha nova ollada das cantigas de amigo
Escrito por Vieiros    Mércores, 05 Maio 2010 18:12    PDF Imprimir Correo-e
Prensa - Nos medios

As  ilustracións son de Quique BordellUn agasallo literario musical sae á luz este maio coordinado por Socorro Lira e amadriñado pola asociación Ponte nas Ondas. Será un CD con 15 cantigas de amigo musicadas e interpretadas por artistas galegos, portugueses, africanos e brasileiros. Entre outros: Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva... Unha iniciativa que procura fornecer dunha ollada novidosa ás cantigas de amigo que poida servir de transmisión ás novas xeracións deste patrimonio cultural. 

Cores do Atlántico trae á actualidade a poesía composta, musicada, cantada e bailada por mulleres que viviron antes e durante a Idade-Media, en Europa, "devolvendo á lira desas creadoras, os seus significados máis lexítimos: erotismo, sensualidade, autonomia, iniciativa amorosa, reverencia á natureza máxica, referenciando o traballo que era a circunstancia na cal ese facer artístico se daba colectivamente, servindo o canto, ao ritmo dos traballos efectuados e da danza". Así o explican desde PAI Música, encargados de desenvolver o proxecto.

O traballo inclúe ademais un libro onde Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da universidade de Poitiers, fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou.

Ligazón directa

 

Co financiamento de:
logos_pie_cores