Mércores, 24 Abril 2024
Convocatoria de rolda de prensa. Presentación do concerto “CORES DO ATLÁNTICO”
Xoves, 06 Maio 2010 15:58    PDF Imprimir Correo-e

CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA

PRESENTACIÓN DO CONCERTO “CORES DO ATLÁNTICO”

__________________________________________________________________________________

Venres, 7 de maio

ás 12.30 horas

no Salón Teatro (Biblioteca, 2º andar)

Rúa Nova, 34. Santiago.

Santiago, 6 de maio de 2010.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo convoca ao seu medio de comunicación á rolda de prensa que terá lugar mañá venres, ás 12:30 horas, na Biblioteca do Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 34) con motivo da presentación do concerto-evento musical CORES DO ATLÁNTICO.

Inserido no programa europeo CREATIVA que promove a Agadic, CORES DO ATLÁNTICO comprende un recital especial que desenvolverá o 14 de maio na illa de San Simón a cargo de artistas tan recoñecidos como Margareth Menezes, João Afonso, Teresa Paiva, Socorro Lira, Eneida Marta e Uxía, así como a edición dun libro-disco, unha exposición do artista lucense Quique Bordell e outras actividades de promoción sobre unha nova visión da lírica medieval galego-portuguesa. Colaboran no proxecto o colectivo pontevedrés Ponte…nas ondas! e a produtora discográfica PAI Música.

Participarán na presentación JUAN CARLOS F. FASERO, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, XABIER ALONSO, director-xerente da Fundación Illa de San Simón, SANTIAGO VELOSO, director de Ponte…nas ondas! e SOCORRO LIRA, cantautora brasileira que asina as músicas do disco.

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AGADIC

Rúa da Vesada, s/n. San Lázaro - 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 577 126 / 28 / 34 (ext.105) – Fax: 981 577 101
Correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.agadic.info

 

Co financiamento de:
logos_pie_cores