Jorge Ribbas
Imprimir
Jorge RibbasJorge Ribbas é natural de Garanhuns - Pernambuco e reside en Campina Grande - Paraíba. Activista cultural, graduado en viola, mestre en composición, profesor de viola e guitarra na Universidade Federal de Campina Grande.

Produtor musical, produciu, dirixiu e arranxou diversos CDs de artistas do Paraíba, incluso varios traballos discográficos de Socorro Lira, cuxa carreira artística acompaña desde o inicio nunha parcería de hai 10 anos.

Creou e participou en grupos de jazz, música rexional, étnica, popular e rock e realizou concertos de viola en importantes eventos.
A súa produción composicional inclúe pezas para orquestra e diversas formacións camerísticas.

É director-fundandor da MUSIDOM Escola de Música, de Campina Grande, cidade onde vive actualmente.


www.myspace.com/ribbas