Participa no concurso de 10 invitacións para asistir ao concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón
Escrito por PAI Musica    Martes, 11 Maio 2010 17:49    Imprimir
Prensa - Nos medios

Concerto en MelgaçoA singularidade da Illa de San Simón (Redondela, Pontevedra) impide que se poida celebrar un acto aberto a todo o público neste enclave natural máxico, polo que abrimos un concurso-sorteo de 10 invitacións para asistir ao concerto o próximo 14 de maio.  O concurso é tan sinxelo como responder a catro preguntas referentes a Cores do Atlántico co nome e enderezo electrónico. De todos os correos recibidos e que responderon correctamente ás preguntas farase un sorteo.

A organización porase en contacto cos 10 gañadores por email e por teléfono para notificar e confirmar a súa asistencia.

As invitacións poderanse recoller no lugar de embarque no porto de Vigo.

Programa do concerto - espectáculo de Cores do Atlántico
14 de maio de 2010 na Illa de San Simón.

  • 18:15h - Saida dos asistentes en barco dende o porto de Vigo (no Náutico)
  • 18:40h - Viaxe rumbo á San Simón
  • 19:30h - Chegada á Illa de San Simón. Percorrido guiado pola illa. Visita á exposición de Quique Bordell na ermida.
  • 20:15h - Presentación do proxecto de Cores do Atlântico.
  • 20:30h  - Concerto de Cores do Atlántico con: Socorro Lira, Uxía, Eneida Marta, Margareth Menezes, João Afonso e Teresa Paiva.
  • 21:30h - Remate do concerto
  • 21:40h - Embarque e regreso ao porto de Vigo.

PARTICIPAR NO CONCURSO

baner_concurso_gl